III SEMINARIO DE EDUCACIÓNS EN PRISIÓN
Procesos e dinámicas para a participación

28 de outubro de 2022. De 9:30 a 14:00

Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida. 

Universidade de Santiago de Compostela

Inscrición aberta ata 21 de outubro

Formulario de inscripción

Dirixido a

Profesionais dos centros penais galegos (directivas, persoal de Tratamento, e persoal de Interior); profesorado dos centros EPA; profesionais e voluntariado das entidades externas.

Introdución

Continuando o Plan de Animación Sociocultural que se vén desenvolvendo desde 2012 no Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), coordinado desde a Asociación Aliad Ultreia, o Grupo de investigación SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela, e o grupo de investigación ECIGAL da Universidade da Coruña, organízase o III Seminario de Educacións en Prisión, que centra a súa atención no elemento nuclear da proposta que vimos construíndo: a participación comunitaria.

O Seminario focalízase na divulgación e potenciación de estratexias participativas nas prisións que favorezan cambios nos modelos penitenciarios cara procesos socioeducativos que fornezan as posibilidades de reeducación e reinserción social que se recollen na lexislación vixente, sendo que a propia Lei Penitenciaria (1979) inclúe no seu articulado a participación activa de internos e internas no seu tratamento, así como nas actividades e servizos do centro (artigos 61 e 24).

Na liña de fundamentar e potenciar este propósito é óptimo poder encontrarnos con profesionais dos C.P. que están incorporando propostas innovadoras de motivación, capacitación e articulación de estratexias participativas que involucren a toda a comunidade da prisión (persoas presas, profesionais dos C.P., profesionais de entidades externas, voluntariado, sociedade civil...). Este é o caso do Modelo de Participación e Convivencia (MPeC) do Departament de Justícia, da Generalitat de Catalunya, no que cristaliza unha experiencia de varios anos de xeración, desenvolvemento e avaliación de mecanismos participativos nos centros cataláns. Unha mostra relevante dun proceso á luz do que reflexionar para construír propostas propias.

flor de naranja

O Modelo de Participación e Convivencia, que se está a implantar nos cárceres cataláns, é un modelo de organización funcional que fomenta a participación e a interacción de todos os axentes implicados no cumprimento dunha pena privativa de liberdade: a persoa interna, a súa familia, os equipos de rehabilitación, os equipos de vixilancia, a dirección, as entidades colaboradoras e voluntarias e todos os profesionais que interveñen ou participan no devandito proceso. Este non é un programa de rehabilitación, senón un modelo de gobernanza que orienta a implicación de todos para construír un clima social e un ambiente de convivencia que contribúa á xeración de valores prosociais, promova a autonomía dos internos e os faga responsables de mellorar a súa calidade de vida.

(Nuria Fabra, Miquel Gómez y Txus Morata, 2018)

 
Obxectivos

O obxectivo xeral do seminario é divulgar as estratexias favorecedoras do cambio de modelo penitenciario  que presenta o MPeC, para xerar a reflexión compartida arredor dos seus logros e potencialidades, pero tamén das dificultades e retos que se visualizan.

Concrétase nos seguintes específicos:

  • Coñecer a xénese do Modelo de Participación e Convivencia da Generalitat, e as súas principais características.

  • Analizar o proceso metodolóxico participativo desenvolvido para a súa concreción.

  • Analizar o alcance da implementación do Modelo, así como os resultados dos procesos avaliativos que se desenvolven.

  • Favorecer estratexias de reflexión e acción que promovan iniciativas nestas liñas no contexto dos centros penitenciarios de Galicia.

 
Programa

9.15            Recepción de participantes

9.30            Inauguración do Seminario

10.00         Relatorio: O Modelo de Participación e Convivencia (MPeC)

                              Jordi Enjuanes Llop, educador social, subdirector de tratamento do C.P. de Lledoners.

11.30         Pausa

12.00         Obradoiro: Mapeo da participación nos centros penais galegos.

                               Susana Gracia Albareda, educadora social, ex directora do C.P. de Lledoners.

Ubicación
 
Inscripción

O Seminario é gratuíto, sendo preciso realizar a inscrición a través do formulario online.

O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o 21 de outubro.

Formulario de inscripción

Comité organizador

M. Carmen Morán de Castro (SEPA-interea. Universidade de Santiago de Compostela)

Germán Vargas Callejas  (SEPA-interea. Universidade de Santiago de Compostela)

Paula Polo Pérez (Aliad Ultreia)

María Barba Núñez (ECIGAL. Universidade da Coruña e Aliad Ultreia)

Laura Cruz López (ECIGAL. Universidade da Coruña)

Alejandro Pérez Diez (SEPA-interea. Universidade de Santiago de Compostela)

David Neira Caridad (SEPA-interea. Universidade de Santiago de Compostela)

Organiza 
Banner PlanASC con logos alongado.png
Financia e colabora
logofeder.jpg
Logo regaep.JPG
E pola tarde...

A Rede Galega de Educacións en Prisión organiza a Xornada formativa sobre voluntariado no ámbito penitenciario

De 15:30 a 18:00

Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela.

15:30        Acollida e presentación de REGAEP
                          Laura Suárez Acuña (APES). Responsable de comunicación da REGAEP. 


16:00    Faladoiro sobre voluntariado en prisión
                          Dinamiza: Lorena Rilo, Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC

                          Participa:

  • Nadia Arias, Subdirectora de tratamento do C.P. de Teixeiro.

  • Paula Polo, responsable de voluntariado de Aliad.

  • Sofía Valentina Rodríguez, voluntaria de APES no Proxecto Fora.

  • Alba López, voluntaria da Oficina de Cooperación de Voluntariado da UdC.

  • Teresa Botana, voluntaria de Aliad.

Co financiamento de
Membros da REGAEP
asociación-apes.png
asfedro.png
fundación-érguete_edited.jpg
Asociación-Erguete.png
logodefinitivo_horizontal-07_edited.png
03_Simbolo_logo_cor.png
OCV-UDC.png
ecigal_orixinal.png
03_Simbolo_logo_cor.png