• Plan de ASC

Este proxecto crece gracias ás colaboracións

O grupo de monitores de tempo libre “LibreMente” impulsou diversos proxectos na cadea, para algún dos cales solicitaron colaboración de persoas do exterior.

  • Pablo Castro, da asociación Xaquedrum de Lugo, abriu cos monitores o curso de axedrez, dándolles unas nocións básicas de estratexias para exercitarse neste xogo.

  • Jose Manuel Peña Rodríguez, da Federación Galega de Atletismo, acudiu o segundo día da actividade para aportar claves para o adestramento.

  • Raquel Doallo, da cooperativa Cestola na Cachola, xa colaborara con eles durante o curso, dinamizando un obradoiro de planificación do que saíron as propostas de actividades.

  • E Jorge Lama, da asociación de software libre Melisa, non dubidou en aceptar aproposta do grupo de desenvolver un obradoiro de podcasting a partir do cal dinamizar a súa radio comunitaria.

Colaboracións valiosas que reforzan o traballo da equipa de monitores de tempo libre. Por elo, ás persoas implicadas, gracias!



20 views0 comments

Recent Posts

See All