Inicio do curso de radio

Admin GaliciaDigital
  • 20 de Xaneiro de 2020
  • 0 Comments

🎙O venres iniciamos o Curso de radio na prisión de Monterroso, unha formación da que participan 15 persoas presas que serán as encargadas de dar continuidade á radio LibreMente.

☝️ E falamos de continuidade porque a Radio é o resultado dun proceso de animación sociocultural que iniciamos no 2011, e como tal faise eco de todas as aspiracións que fomos construíndo nestes anos para mellorar a realidade de vida na cadea: máis escoita, diálogo, coordinación, información, participación, intercambio co exterior, cultura, deportes, formación e educación.

📻 Como proxecto comunitario, temos o luxo de contar co apoio da prisión e coa implicación de entidades diversas: SEPA-interea; MeLiSA; Cuac FM; e o financiamento de “la Caixa” e Voluntariado Galego.

gl_ESGalician