Novos programas en Ivoox

Admin GaliciaDigital
  • 8 de Novembro de 2022
  • 0 Comments

Xa colgamos en Ivoox parte dos programas que realizamos durante este ano 2022 cos rapaces da UTE (Unidade Terapéutica e Educativa).

Nestos programas recollemos entrevistas, tertulias, música…sempre dende a óptica deles, as persoas presas. A radio serviu como medio de interacción entre os propios internos pero tamén con persoas alleas á prisión, como foi o caso do estudantado a través de experiencias de Aprendizaxe Servizo, as persoas convidadas para dar as Aulas Abertas, compañeiras de Aliad…todas estas persoas pasaron polos microfónos da UTE para manter unhas charlas do máis interesantes.

Tralo proceso de edición, realizado polo noso compañeiro Miguel Castro, os programas emitímolos nas ondas de Radio LibreMente dando continuidade a este estupendo proxecto que deu comezo no 2018 e que hoxe queremos compartir con vós.

Animámosvos a achegarvos ós muros da prisión e coñecer un pouco máis de preto o que alí acontece.

Radio LibreMente – Podcast en iVoox

gl_ESGalician