• Plan de ASC

Revisando o camiño percorrido e o que nos queda por percorrer


Coa publicación da nova convocatoria de La Caixa, o Plan de Animación Sociocultural inicia outra etapa para a planificación do novo proxecto. Nunha reunión mantida entre Aliad e o Grupo Sepa, foi o momento de revisar o xa feito e identificar en que queremos facer incidencia co proxecto deste ano.


Pénsase en iniciativas como a radio comunitaria na prisión de Monterroso e na identificación das múltiples posibilidades que ofrece se chegamos a implicar a outros axentes ademáis dos propios internos.


Pénsase en como e de que maneira dar continuidade ás iniciativas de acción voluntaria nun contexto de pandemia como o actual.


Pénsase en como potenciar o traballo en rede colaborando con outras entidadese sociais e axentes educativos nos centros penitenciarios.


É momento de poñer en común, debater, investigar, reflexionar...sen dúbida, esta será a primeira de moitas reunións que están por chegar.


4 views0 comments

Recent Posts

See All

Iniciativa de:

logodefinitivo_horizontal-07_edited.png

Financia / Colabora:

Convocatoria de interculturalidad y acción social

2013, 2015, 2017

Contacto:

Teléfono: 982 251 948

Asociación Aliad Ultreia. Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo